miércoles, 2 de mayo de 2012

A sorpresa de Dona Bigelow.

Son bastantes filmes xa os que levo visto ata o momento a pesar da minha temprana idade, e claro, despois de ver tantos grandes clásicos que desprenden talento e elegancia, ademáis de ser bastante esixente a hora de valorar unha película (todo dende un plano de afeccionado, nunca dende un plano técnico), tenho unha certa reticencia a hora de ver filmes "actuales". Básicamente porque esa necesidade de impresionar e deixar xordo (en caso de ser no cine) o que vai ver a película con efectos especiales e mil batallinhas non vai comigo, a mín gústanme as boas tramas e os persoaxes coidados. Pero no caso de "En tierra hostil" tenho que calar...

Non tenho moi controlada a Kathryn Bigelow, e é que o feito de que a súa película máis coñecida senha "Le llaman Bodhi" non axuda. Pero con este filme conseguiu gañarme un pouco, "En tierra hostil" ten todo o que un filme comercial do momento pode ter, homes duros, explosións, balas, mortos... e aínda así e algo máis. Quizáis gostei de ela polas baixas expectativas que tinha, xa que dende fai anos que non faigo moito caso o cine resulta premiado nos Oscar a pesar de ser grandes filmes, quizáis isto foi motivado por os 11 que lle deron a Titanic, nunca o entenderei. Aínda que a pesar de gustarme, creo que está lonxe de ter que ser premiada co Oscar a mellor filme, de feito, da edición do 2008 tenho no meu poder Avatar e aínda non tiven a valentía de vela... Pero deixando de lado as críticas o redor dos Oscars, remato este post recomendándovola, quizáis non senha unha maravilla, pero sin dúbida é entretida e emocionante. Cando a vín non puiden evitar lembrarme da miniserie "Generation Kill", unha gran serie sobre a vida de varios "marines" nos conflictos de Iraq, o cal quizáis tamén axudou a que me gustase, pero o dito, vale a pena!

No hay comentarios:

Publicar un comentario