lunes, 14 de mayo de 2012

Que aprendan!

Dicía Clint Eastwood nunha entrevista que lle vín; "Se eres bó consigues con un presuposto baixo unha boa película que pareza que ten un presuposto alto". O filme do que vos vou falar é o claro exemplo de iso e de que non é necesario un gran presuposto para facer un filme antolóxico. Con "Doce homes sen piedade" Sidney Lumet non só mostrou iso e deulle unha lección a futuras xeracións de como facer cine, aínda que agora non o tenhan moi en conta e deberan aprender de el, senón que tamén mostrou do que era capaz detrás dos focos. Aínda que ter a Henry Fonda como actor principal dunha das túas primeiras películas ten ser de gran axuda.

Corría o ano 1957, un director case descoñecido chamado Sidney e de apelido Lumet estreaba o proxecto no que levaba tempo a traballar, era "12 Angry Men", unha adaptación o cine do guión de Reginald Rose. A pesar de non ser un director de renome déronselle varias grandes oportunidades como a de ter a Henry Fonda como protagonista da cinta. O filme trata dun xuizo, (non sabería decantarme en cine xudicial por "Testigo de Cargo" da anterior entrada ou esta), un rapaz acusado de asasinato do que parece totalmente culpable está en mans dos doce homes que compoñen o xurado teñen que decidir se é culpable ou inocente. Case todo o filme transcorre nese cuarto onde debaten, e aínda así non perde frescura e intensidade. Aclarar que dado que no seu inicio é unha obra teatral, tampouco estaba acondicionada para exteriores, por iso tampouco é de especial mérito o de acontecer nun cuarto fechado, pero levada o cine podía trocar totalmente e a súa simplicidade no séptimo arte non abunda, sobre todo hoxe en día. A magnífica labor dos actores, principalmente de Henry Fonda (un dos meus actores preferidos e o que podemos ver nas fotos seguintes nuns dos moitos momentos do filme xunto co resto de actores)


e Lee J. Cobb (Na segunda fotografía enfrentandose a fonda) e uns sobresaintes diálogos fan que senha un filme inolvidable, ademáis de un gran análise sobre a actitude humana.


Unha historia perfectamente lavaba a cabo por Sidney que aínda hoxe é un clásico do cine xudicial e do cine en xeral, e dende a minha opinión a millor de Lumet, xa que as seguintes ainda que ten filmes realmente bós e do meu gusto (a ter en conta; "Tarde de perros", "Serpico", "Network", "Veredicto final", "Asesinato en el Orient Express" o "Punto límite") non alcanzan o nivel de esta. E dito isto, remato coma sempre, dicindovos que non vola perdades compañeir@s!

2 comentarios:

  1. Para cuando una sesión de cine con toques de intriga? Muy buena entrada miguel que sigan así os flocos de millo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois moitas grazas! e cando quieras, Ben sabes que eu estou dispoñible para estas cousas!

      Eliminar