Dicía Clint Eastwood nunha entrevista que lle vín; "Se eres bó consigues con un presuposto baixo unha boa película que pareza que ten un presuposto alto". O filme do que vos vou falar é o claro exemplo de iso e de que non é necesario un gran presuposto para facer un filme antolóxico. Con "Doce homes sen piedade" Sidney Lumet non só mostrou iso e deulle unha lección a futuras xeracións de como facer cine, aínda que agora non o tenhan moi en conta e deberan aprender de el, senón que tamén mostrou do que era capaz detrás dos focos. Aínda que ter a Henry Fonda como actor principal dunha das túas primeiras películas ten ser de gran axuda.
