jueves, 3 de mayo de 2012

"Cube" algo máis que un filme de terror.

Impactado. Impactado é a mellor definición que poido facer despois de ver a filme da que vos vou falar neste post. A película en cuestión é "Cube", un traballo moi coidadoso e sorprendente de 90 min. de duración do descoñecido canadiense Vincenzo Natali, que construe unha realidade de ciencia ficción terrorífica e angustiosa.

Achegovos o cartel do filme, pero nada máis. Pensei en incluir o trailer e imaxes, pero na minha opinión a hora de ver algunha peli ou serie e millor saber o menos posible de ela. De feito, eu vina sen saber nada en absoluto de ela, e despois de ver o trailer coido que é millor que me fagades caso e vos apartedes das gañas de informarvos para decidir se a vades ver. Neste post non vos quero dar demasiada información, só dicir que é unha historia absorbente e orixinal, que como non podía ser de outra maneira ten defectos e cousas mellorables sobre todo na parte matemática, pero a mín que non tenho nin idea de matemáticas pasaronme desapercibidos. E como coido, dende a minha forma de velo, que xa estou dando información de máis, remato o post dicíndovos que se vos gustan as historias angustiosas e os thrillers psicolóxicos non vola debedes perder, é unha película bastante especial, polo que aínda gostando do xénero non tendes porque coincidir comigo, pero como eu estou aquí para recomendarvos pelis; dicirvos que pode ser unha hora e media ben invertida.

2 comentarios:

  1. Nos dejas con la intriga eh!! Pues conmigo lo has conseguido, en cuanto la consiga la veré.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jaajajaj se queres pásocha eu, que debe ser complicada de conseguir

      Eliminar