domingo, 6 de mayo de 2012

Un testigo chamado Billy Wilder.

É Difícil facer un blog que fale de cine dende o punto de vista do espectador sen falar de Billy Wilder. Algunhas das minhas películas favoritas son de este afamado director e é que faise complicado ser un afeccionado do séptimo arte sen ter en conta a Wilder. Neste post, dado que non o quería facer igual que o de Allen, vouvos recomendar encarecidamente o filme que máis me marcou de el; "Testigo de Cargo".
Este filme de Wilder datado no 1957 basease na obra teatral de mismo nome de Agatha Christie, o cal, xa de por sí, asegura unha fantástica historia de intriga, pero se a iso lle xuntamos a capacidade nos mandos da rodaxe do señor Wilder e as dotes interpretativas de Tyrone Power e sobretodo Marlene Dietrich e Charles Laughton, non podía facer menos que mellorar. A actriz demostra unha vez máis porqué e un mito nisto do cine, ademáis de facer que me rinda un pouco máis ante o seu talento e senha cada vez máis fan de ela, e non só polas súas dotes ante as cámaras senón tamén pola súa vida real. Charles consuma un magnífico traballo facendo dun gruñón a vez que simpático e entrañable abogado, e Tyrone realiza un moi bó papel antes de morrer, xa que o faría meses despois. "Testigo de Cargo" e un filme que non pasa de moda, segue a resistir perfectamente o paso do tempo. A súa historia segue unha fórmula que ben realizada é clave de éxito, unha historia de amor chea de intriga e cos toques típicos de ironía e humor de Wilder. Insisto en que a vexades, e se non me creedes a mín, dicirvos que a propia Agatha Christie quedou encantada con ela.

Poderían ser moitos os filmes de Billy Wilder que merecerían un post neste blog, e quizáis máis adiente o tenhan, pero polo momento vouvos deixar algúns títulos que me mereceron moito a pena: "El crepúsculo de los dioses", "El apartemento" (como non), "Un, Dos, Tres" (Das máis xeniais comedias dende a minha visión), "Días sin huella", "Perdición", "Con faldas y a lo loco", "La tentación vive arriba"...

2 comentarios:

  1. A esto me refería cuando te dije si podías hablar de "películas no tan conocidas" jajaja buen trabajo Miguel!!

    ResponderEliminar