jueves, 19 de abril de 2012

Mafia siciliana en estado puro.

Boas a todos e todas! Creo este post, o primeiro do blog, para falarvos de "El capo de Corleone", unha miniserie italiana que vín nas vacacións desta semana santa.


Dado que estamos no auxe das series e é raro que non está enganchado a algunha, despois de disfrutar de ela non poido facer outra cousa máis que recomendarvola. "El capo de Corleone" trata a verdadeira historia de Totó Riina, un coñecido mafioso apodado "A bestia", nado no pobo de Corleone, en Sicilia. A trama da serie é realmente sobrecolledora sabendo que foron feitos acontecidos na realidade, é difícil atopar moitas tramas tan captantes ata nun xénero de tanto nivel como é o da mafia, con tantos filmes e series que son auténticos clásicos. Ten peros, como é evidente, xa que o presuposto non é o mesmo que o das grandes series yankees e en ocasións a ambientación, actores e adaptación deixar que desexar. Aínda así, se vos gustan as boas historias non debérades de perdervos esta miniserie de 1.30h-1.45h  aprox. por capítulo, xa que a veces a realidade supera a ficción e no caso da Cosa Nostra é habitualmente.

Se precisades máis información, ou non vos fiades de mín, podedes mirar aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario