Non podia seguir adiante con este blog sen facerlle unha pequena homenaxe a un dos homes que máis me tenhen feito disfrutar mirando cara unha pantalla. El é o xenial Woody Allen, ese home neoiorquino con lentes de pasta tan pequeno e feble como polifacético, que tanto humor, crítica, análise pero sobre todo intelixencia aportou a historia do cine.
Son poucos os filmes que non vín de Woody Allen, recordo que dende que me comezou a interesar o cine en todo o seu esplendor foime ineludible atoparme cos seus filmes como clásicos do séptimo arte. A primeira que tiven a sorte de ver foi "Misterioso asasinato en Manhattan", unha peza imprescindible da sua filmografía que me fascinou dende o primeiro momento grazas a os divertidísimos personaxes, pasando por un argumento repleto de intriga, e chegando, como non podía ser doutra maneira, os excelsos diálogos que acompañados dun ritmo de Jazz e desacougo fixeron que fose unha experiencia inolvidable. Dende ese momento o meu seguemento a os filmes do creativo director foi constante e as gargalladas infinitas. Diálogo cheos de sarcasmo e xenialidade como en "Annie hall", "Manhattan" ou "Hanna e as suas irmás", humor absurdo do bon en "Bananas", "A última noite de Boris Grushenko", "Toma o diñeiro e corre" ou "Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e nunca se atreveu a preguntar", doces historias como en "Días de radio", "A rosa púrpura do Cairo" ou "Todos dín I love you", historias intelixentes com en"Match Point", "Zelig" ou "Maridos e Mulleres", e así ata facerse con catro Oscars e unha morea de nominacións. Todas fantásticas historias que me fixeron pasar grandes momentos e alegraronme o día co seu humor, polo que non podía evitar adicar un post a Woody. Así que se disfrutades co bon cine e o humor, non deixedes de seguir os meus consellos, que como dicía o propio Allen; "Disfruta o día ata que cho arruine un imbécil".
Grande Woody Allen!
ResponderEliminar