Dicía Clint Eastwood nunha entrevista que lle vín; "Se eres bó consigues con un presuposto baixo unha boa película que pareza que ten un presuposto alto". O filme do que vos vou falar é o claro exemplo de iso e de que non é necesario un gran presuposto para facer un filme antolóxico. Con "Doce homes sen piedade" Sidney Lumet non só mostrou iso e deulle unha lección a futuras xeracións de como facer cine, aínda que agora non o tenhan moi en conta e deberan aprender de el, senón que tamén mostrou do que era capaz detrás dos focos. Aínda que ter a Henry Fonda como actor principal dunha das túas primeiras películas ten ser de gran axuda.
Flocos De Millo
lunes, 14 de mayo de 2012
domingo, 6 de mayo de 2012
Un testigo chamado Billy Wilder.
É Difícil facer un blog que fale de cine dende o punto de vista do espectador sen falar de Billy Wilder. Algunhas das minhas películas favoritas son de este afamado director e é que faise complicado ser un afeccionado do séptimo arte sen ter en conta a Wilder. Neste post, dado que non o quería facer igual que o de Allen, vouvos recomendar encarecidamente o filme que máis me marcou de el; "Testigo de Cargo".
jueves, 3 de mayo de 2012
"Cube" algo máis que un filme de terror.
Impactado. Impactado é a mellor definición que poido facer despois de ver a filme da que vos vou falar neste post. A película en cuestión é "Cube", un traballo moi coidadoso e sorprendente de 90 min. de duración do descoñecido canadiense Vincenzo Natali, que construe unha realidade de ciencia ficción terrorífica e angustiosa.
miércoles, 2 de mayo de 2012
A sorpresa de Dona Bigelow.
Son bastantes filmes xa os que levo visto ata o momento a pesar da minha temprana idade, e claro, despois de ver tantos grandes clásicos que desprenden talento e elegancia, ademáis de ser bastante esixente a hora de valorar unha película (todo dende un plano de afeccionado, nunca dende un plano técnico), tenho unha certa reticencia a hora de ver filmes "actuales". Básicamente porque esa necesidade de impresionar e deixar xordo (en caso de ser no cine) o que vai ver a película con efectos especiales e mil batallinhas non vai comigo, a mín gústanme as boas tramas e os persoaxes coidados. Pero no caso de "En tierra hostil" tenho que calar...
jueves, 19 de abril de 2012
Estrea da segunda tempada de Xogo de Tronos.
Xa está aquí a segunda tempada de "Xogo de Tronos"!!!!!!!!
And the Oscar goes to... WOODY ALLEN!
Non podia seguir adiante con este blog sen facerlle unha pequena homenaxe a un dos homes que máis me tenhen feito disfrutar mirando cara unha pantalla. El é o xenial Woody Allen, ese home neoiorquino con lentes de pasta tan pequeno e feble como polifacético, que tanto humor, crítica, análise pero sobre todo intelixencia aportou a historia do cine.
Mafia siciliana en estado puro.
Boas a todos e todas! Creo este post, o primeiro do blog, para falarvos de "El capo de Corleone", unha miniserie italiana que vín nas vacacións desta semana santa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)